Sobre mi



Ola.
As encostas son os viñedos da parte escarpada e máis alta dunha montaña. Este blog trata sobre viños feitos nestas encostas, e o día a día do mundo do viño visto dende dentro.
É un blog básicamente sobre enoloxía e viticultura, e sobre viños que tratan de ir mais alá. Tentar de abrir a mente, romper a néboa mental, e pasar ao outro lado. Isto non quita que poidamos escoitar un pouco de música (hard rock, metal e de todo un pouco) mentres compartimos algo do que vaia pasando: viaxes, catas, traballo cotiá…Todo nun ton divertido e sinxelo. Tentarei de non utilizar unha linguaxe moi técnica, para que todo o mundo me entenda. De todas maneiras se alguén ten algunha dúbida, ou non está de acordo, que se poña en contacto conmigo.
As catas serán breves e sinxelas, nada de poesía. Son enólogo, e as catas dos enólogos son máis construtivas, non descritivas. Ante todo tratarei de respectar o traballo da xente. O traballo dun ano dunha persoa, non se pode valorar a lixeira en dous minutos. Hai que ter en conta que descoñecemos moitos factores, o clima da zona nese ano, chans, medios técnicos, cultivo, elaboración, tradición do lugar, o público ao que se dirixe ou o que se pretende transmitir co viño.
Tentarei escribir o máximo que me permita o tempo dispoñible. Unhas veces será en galego e outras en español. Moitos amigos non galegosacompáñanme nas viaxes e no día a día.
Espero que disfrutemos e compartamos moitas cousas.