Hai un par de semanas participei nunha cata cos meus colegas da Asociación galega de catadores. Estaba organizada polo grupo de cata de Calpurnia sobre viños do Loira. O único que sabiamos é que eran viños do Loira, en cata a cegas.
A zona é máis ben fresquiña e predominan os xistos e a caliza.
Os viños son famosos por ser moi minerais, sutís e con certa elegancia. Predomina a Sauvignon blanc (boj, mandarina, especiados e nalgún caso o chamado pis de gato), nos mellores iso non ocorre, Chenin (flores,froitas maduras e as veces minerais ), e tamén as Melón de Borgoña, Folle Blanch e chasselas.
DOMAINE DE LA GARRELIÈRE, CENDRILLON LES 12 COUPS DE MINUIT 2009. 10.30 €
DOMAINE DE LA GARRELIÈRE, CENDRILLON LES 12 COUPS DE MINUIT 2009. 10.30 €
Cultivo biodinámico, sauvignon blanc, chardonnay e Chenin.
Mineral, iso foi do primeiro que anotei, tiza, calco. Ao parecer o nome de Cendrillon ven da queima dos sarmentos, que logo de dinamizar e cristalizar devolve a terra para que a viña o absorba.
Fino, floral, albaricoques, feno, lirio, sapido un pouco pesado con final amargoso, elegante e rico. Necesita algo de aireación, gustou moito.
DOMAINE DU MOLIN, LE CLOS DU MEUNET BLANC, 2008. 11.20 €
Viticultura orgánica para viños o máis naturais posibles. 13 ha en Cheverny. Bolería, fresco, complexo, acacia, notas de manteiga, moi froiteiro, branca e madura. Certos tonos tropicais. Viño moi persoal é aromático, encorpado, un pouco cálido é moi saboroso. O que máis me gustou: carácter e personalidade.
RENÉ MOSSE, LE COIN D`HYROME ,2006. 10.80€
Biodinámico, Anjou (Loira) Viño de Chenin blanc con vinificación e crianza en barrica . Complexa, cor ámbar, licoroso certas notas de laca, bolería y maderas tipo cedro, caixa de puros. Certa oxidación en naríz e boca. Amielados, cítricos, algo de pasificación e un certo carácter resinoso .
ERIC MORGAT , SAVENNIÈRES ENCLOS L´2007. 27.90 €
Flores, camomila, notas doces, frescor no nariz, mineral, segundo se abre froita madura. Na boca bastante longo, pero quizais un pouco pesado, falta frescura. Alcohólico con moita glicerina, o que remarca máis aínda a sensación de pesadez. Madeira aínda por pulir barrica, caramelo de tofo, final amargo, característico varietal. O que máis gustou a moitos.
DIDIER DAGUENEAU, BLANC FUMÉ DE POUILLY, 2005. 48.5 €
Pouilly-Fumé, Sauvignon do afamado produtor, finado non hai moito tempo. Autor dos irmás maiores Pur sang e Silex. Dous pedazos de viñazos, pero neste caso este viño sorprendeu polo contrario. Chans pedregosos onde é frecuente o silex. Con carácter diferente. Moi mineral pedras de chisqueiro, co fondo característico da caste. Sensacións de fungos, trapo mollado, cebolas. Na boca mordaz, case acerbo. Moi aromático, pero faille falta aireación. Probeino tres días despois como nos dixo Emmanuel Reynaud en Francia. Mellorou moito, pero a anos luz dos seus irmáns maiores. Aumentou a sensación corpórea, máis peso e final de boca.
LA COULÈE DE SERRANT, 2006. 70.4 €
Que podemos dicir do gran gurú da Biodinámica, que non se dixera xa. Encántame a súa paixón nas charlas, como transmite o seu saber, o que pensa e o que sente. Todo un referente, e grazas a él moitos abrimos os ollos.
Que podemos dicir do gran gurú da Biodinámica, que non se dixera xa. Encántame a súa paixón nas charlas, como transmite o seu saber, o que pensa e o que sente. Todo un referente, e grazas a él moitos abrimos os ollos.
Eu non son dos que lles gusta os viños biodinámicos "cochinos". Un carácter diferenciador que pode aportar singularidade e diversidade, tamén pode ser unha tortura.
As notas de trapo mollado, ferodo e goma queimada, poden ser causadas por a redución de non filtrar, algo que ocorre as veces nestes viños.
Este vai a ser “Nico” pensei.Menos mal que xa probaran este viño mais veces e os outros biodinámicos gustaron moito.
Cateino o dia seguinte,o segundo e o terceiro.Pasou de ter cor ouro vello, a cor Té mouro en tres días. E non mellorou apenas.Sentinme moi triste,tiña gañas de que foxe espectacular, un ave fénix que rexurdiu das cinzas.E atopeime cun morto na casa.Outra botella será,confiamos en ti "Nico"
O meu amigo Manuel castro xa me advertiu que espera que os meus viños” frikis” non sexan así.Quen fose Nicolas,digo eu.
Hai cada dia mais adeptos a estas practicas naturais, e vense cada dia mellores viños biodinámicos.
Viños abertos en nariz en biodinámica e común por usar doses de sulfuroso moi baixas,pero sen chegar a oxidación.Nin tampouco viños moi pechados por problemas de sucidade no viño.A mineralizade,a terriña,profundidade,e complexidade son posíbeis sen ter defectos nos viños. A naturalidade dos viños non debe ser escusa para malas elaboracións,e defectos nos viños.
Puidemos desfrutar nesta cata de viños magníficos que o demostran.
Se queredes contrastar vexo que Mercedes, que tamén estaba na cata, publicouno no seu blog.Saúdos
.
0 comentarios:
Publicar un comentario