domingo, 20 de marzo de 2011

Persebeiros

Neste vídeo dun documental, pódense ver as arriscadas condicións de traballo duns percebeiros galegos. Diante dun prato nun restaurante, nunca pensamos de onde saíu a materia prima que o compón.Pensamos so no cociñeiro ou no viño.Profesións hoxe en dia dignificadas e de prestixio. Olvidamonos dos nosos gandeiros, mariscadores,pescadores, agricultores,etc. Artesáns do campo ou do mar, que nos levan a mesa os alimentos indispensables para a nosa alimentación.
Profesións moi escravas e sen horario.Duras, e xeralmente mal pagadas.Os nosos artesáns do mar e do campo levan unha pequena parte do que pagamos polo seu traballo.A parte do león lévana as grandes superficies e intermediarios,que lles pagan unha ínfima  parte,iso si os cómodos 150 días.
A nova lei de provedores, que saliu para remediar o problema dos pagos no sector agroalimentar. Determina que se a de pagar nos 30 días de entrega da mercancía.Co albarán podes denunciar o pago na xustiza. Perderás iso si, o comprador para un futuro negocio.Pero féita a lei,féita a trampa.Agora as grandes superficies exixente que lles factures por partes. A última os 150 días.
A xente abandona o mar e o rural,mal pagados os nosos artesáns mandan os seus fillos as cidades.Dentro de pouco non teremos que nos alimenten.Estaremos en mans das grandes compañías, que traerán os alimentos de países do terceiro mundo.
En Madagascar un obreiro cobra uns 1.5 dólares o día.Se arrasamos o pais,prantamos leitugas,pagamos os obreiros escravizados e poñemos os lémures a limpar a leituga, para metela no seu envase de plástico. Posto no híper a prezos unhas 500 veces o seu custo.Para iso e necesario,monocultivo,agrotóxicos para o cultivo,terreos gratis para esquilmar.Gobernos postos por occidente,e por riba non temos competidores. .Os números saen seguro.
Coidemos dos nosos artesáns do mar e da terra.

0 comentarios:

Publicar un comentario