martes, 17 de mayo de 2011

Os mellores días para catar (polo menos os nosos viños)

Esta é unha pregunta que me fan a miúdo. Tanto xente da rúa , como hostaleiros. Sobre todo preguntan por iso que poñemos detrás na contra do viño.


Refírome ao de día flor.


Pero tamén embotellado en día froita?, Que carallo é iso?
Pois moi fácil, no calendario biodinámico hai varios tipos de días, como contarei logo.



                Este é un calendario feito por María Thun, a señora da imaxe. 


Naceu no ano 1922  e dende hai moitos anos publica este calendario co seu fillo Matthias. Traballan xuntos investigando os efectos dos ciclos, a dinámica dos movementos dos planetas e costelacións. Ritmos, estacións da lúa e do sol para axudar nos calendarios das faenas agrícolas e o biodinámico.
A biodinámica é unha forma de agricultura baseada nas charlas que deu Rudolf Steiner en 1924. Steiner é o creador da antroposofía .
A biodinámica considerase hoxe en día a principal sistema de agricultura ecolóxica e a máis sostible. Mentres se permitan determinados compoñentes e hábitos en agricultura ecolóxica, esta será moi pouco ecolóxica e lóxica. Facer 20 tratamentos con cobre, non é nada ecolóxico, e utilizar 4 kilos de cobre en cada tratamento, é cando menos  perigoso. Por moi  natural que sexa o cobre e se atope na natureza, non deixa de ser un metal pesado como o chumbo. Ninguén trataría con chumbo ou arsénico os seus cultivos. Pois o cobre fai o mesmo efecto no chan. A cantidade de solos mortos ou saturados de cobre no mundo hoxe en día é moi alto. Sobre todo en zonas famosas de cultivo. Claude Bourguignon enxeñeiro e microbiólogo francés autor da famosa frase" hai máis vida nun metro cubico de terra dun deserto ca na maioría dos viñedos europeos" é determinante e fainos reflexionar. A agricultura hoxe en día esta nun punto morto. Os solos esgotados pola superprodución, degrádanse de forma irrecuperable para as próximas xeracións. Empeoran a calidade nutritiva dos alimentos e a nosa saúde. O trato os solos como materia inerte, lévanos sen remedio a fame e a desertizacións e ao abandono das zonas rurais, causando fame en xeracións de persoas. Nos que traballamos de forma sostible os nosos viñedos, traballamos na adega da mesma forma, seguindo o calendario biodinámico. Hai días flor, froita, raíz e folla, e logo uns días nos que os astros anda medio tolos en que e mellor non mover o viño.
Nos día flor movemos e embotellamos os brancos, para potenciar as súas características florais e os tintos en días froita.  Se queres potenciar o compoñente mineral embotellase en raíz e en días folla o compoñente vexetal.
Na cata pasa o mesmo, estaredes dicindo “vaia carallada nos esta a soltar o Sebio”
Pero supermercados como Tesco e Marks & Spencer na Inglaterra programan as súas catas para clientes nos días flor e froita. Tendas como Lavinia xa pensan en facer o mesmo. Eu ademais de utilizar o calendario teño unha aplicación no telefono. Atención a todos os fanáticos do Iphone, e para todos os que renegan de él e logo acaban entregados (como o noso MANUEL GAGO) ja,ja,ja.Vaille facer moita ilusión pois estiven facéndoo rabiar sen dicirlle cal era a aplicación.
Esta é a apps, entra no app Store e  pon WINE TONIGHT?
Eu utilízoa dende hai bastantes meses, sobre todo en cursos e catas na adega cando me esquezo de mirar o calendario.


Na contra figuran mais cousas como son o de viticultura sostible, non podes por ecolóxica ou biodinámica se non pagas o imposto revolucionario do Craega ou o de Demeter. Da igual que fagas as prácticas e estean  os viñedos inscritos nos consellos correspondentes. Ou pagas o tanto por cento do valor do viño estipulado ou non podes poñer nada. Xente como Nicolas Joly non leva a tirílla de Demeter a pesar de ser o gurú da biodinámica. Aquí pasa o mesmo, con Ricardo palacios no Bierzo. A asociación de biodinámica de España parécenme unha pandilla hippys trasnoitados que o fan polos cartos non polo espírito. Estiven nunha das charlas de Madrid nas que veu Nicolas joly nas que por certo, o firmarme o libro traducido por Ricardo palacios, quedouse co bolígrafo tan chulo que lle prestei, fíxome como o ministro ese manga-bolis. Agora teño unha anécdota chula para contar, ja,ja,ja. Pedímoslle a direccións duns produtores de preparados e negouse a dárnolas, pedíunolas a nós, e claro... xestionámosllo, levando iso si,  unha porcentaxe. Gran parte dos produtores de preparados non queren saber nada deles.

Tamén figura un debuxiño dunha árbore que é o símbolo de defensa do bosque mediterráneo, e dicir non solo sobreiras e a fauna e o medio. 
Ademais figuran o nome das fincas, as castes e o tipo de chan. Este ano sumamos tamén o código de barras para facilitar o control de stocks dos clientes, e o código QR que son ese cadradiños que o pasar o teléfono por arriba lévanos a páxina web ou blog que queira o adegueiro.








Nas caixas como sempre figura o día de embotellado. Ademais dende este ano as botellas de coto de Gomariz trocan.






O anterior fabricante pechou o que nos leva a ter que cambiar de modelo de botella. Isto provoca ter que trocar a caixa, botelleiros, pezas da máquina de embotellado e etiquetado. Co que ao final trocamos toda as botellas ao mesmo modelo, aínda que cambia o pescozo. No Gomariz conserva a clásica boca sen cápsula, aparello que eu detesto por molesto e contaminante,  nos tintos a mesma imaxe na boca.
Como algunhas colleitas xa estaban en botella iran saíndo o mercado pouco a pouco.


2 comentarios:

Las etiquetas del 2010, estan pensadas para dar el máximo de información al consumidor. Cuando la pagina web funcione, (ja, ja, ja) a este paso el 2015. De hecho parte del motivo de hacer el blog es para que funcione como web. Descargar fichas técnicas, fotos, noticias, actividades, etc.
La información hoy día es vital, uno debe saber lo que bebe. Espero prospere este tipo de información en las bodegas. Un saludiño Dani.

Publicar un comentario