Próximamente, en Ribadavia, impartiranse as Terceiras Xornadas de Viticultura Ecolóxica e Biodinamica. As datas que se barallan son: venres 6 de maio todo o día ou sábado 7 pola mañá en primeira xornada. Segundo a disponibilidade de xente interesada, poderase facer en nunha única xornada de todo o día ou duas xornadas de sábado pola mañá.
O curso será unha continuación dos anos anteriores, incidindose mais na biodinámica e na utilización de extractos vexetais de elaboración propia,e dicir ser autosuficientes.
O programa será mais ou menos este:
Xestión do solo, ritmos de laboreos, condicionantes. Autofertilización, cubertas vexetais, extractos vexetais fertilizantes, extractos vexetais antifúnxicos. Biodinámica, ritmos, preparados,etc.
As fotos son da anterior xornada nas que enterramos a gran cornada que vedes, para facer un dos preparados biodinámicos.
As fotos son feitas por min,o ano pasado.O dos cornos (na man) e Bernardo Estevez,compañeiro en Issue e Salvaxe)
A persoa que impartirá o curso como nos anteriores anos será Andre Rodrigues Henriques Da Silva, afamado asesor de varias quintas no Douro e norte de Portugal.
Os que estedes interesados podésvos por en contacto con Bernardo Estevez neste mail ribadavia@sindicatolabrego.com
0 comentarios:
Publicar un comentario